A TVG informa no Telexornal Serán: A Asociación de Pais e Nais Separados recolleu 12.000 sinaturas para promover unha lei de custodia compartida (2/05/2017)

4/05/2017

A Televisión de Galicia TVG informou no seu noticieiro Telexornal Serán deste martes 2/05/2017 sobre a Iniciativa Lexislativa Popular de Corresponsabilidade Parental para a que a AGPNS está realizando a recollida de sinaturas. Entrevistou a representantes da propia AGPNS e a distintos profesionais para documentar a noticia. A publicación neste mesmo día no xornal La Voz de Galicia de un especial sobre a Custodia Compartida deu lugar a que a TVG fixera esta reportaxe.

A noticia na TVG

Na Televisión de Galicia infórmase da ILP Coparentalidade (ver a publicación e video orixinal en http://www.crtvg.es/informativos/a-asociacion-de-pais-e-nais-separados-recolleu-12-000-sinaturas-para-promover-unha-lei-de-custodia-compartida-2919404 :

Telexornal Serán

A Asociación de Pais e Nais Separados recolleu 12.000 sinaturas para promover unha lei de custodia compartida

Publicado o 02/05/2017 21:23
www.crtvg.es
A Asociación Galega de Pais e Nais Separados leva recollidas máis de 12.000 sinaturas para pedir que se debata no Parlamento galego unha lei de corresponsabilidade parental. A coñecida como custodia compartida xa está implantada en catro comunidades españolas.

Os xuíces optan cada vez máis pola fórmula da custodia compartida. En Galicia, medrou un 60 por cento nos últimos tres anos, malia o baleiro legal que hai na materia.

"Non temos unha normativa específica distinta á do conxunto do Estado, e a lexislación segue contemplando a custodia compartida como unha fórmula excepcional", di Abel Lamas.

A Asociación de Pais e Nais Separados presentou no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular para promover unha lei propia. Varios colectivos apoian a norma. Os expertos din que desde o punto de vista científico a custodia compartida é o resultado normal tras un divorcio.

"Nunha situación de ruptura da parella, sempre debe prevalecer a familia. Aínda que a parella se rompa, o rol de pai e de nai debe continuar toda a vida", di Dolores Seijo.

Os xuristas recoñecen que cada caso é particular, e que hai que facerlle un traxe a medida. En Galicia hai servizos de mediación xudicial e extraxudicial para axudar as familias a resolver as separacións co mellor resultado para os fillos.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos