Debate da toma en consideración por parte do Parlamento
Segundo o texto da lei que regula o procedemento Lei_7-2015_ILP_Galicia.pdf, o debate da toma en consideración rexerase segundo os seguintes artigos:
- Artigo 11 Recibida a notificación que acredite que se reuniu o número de sinaturas esixido, a Mesa ordenará a publicación da proposición, e a súa tramitación axustarase ao disposto no artigo 123 do Regulamento da Cámara. A inclusión na orde do día dunha sesión plenaria do debate de toma en consideración da correspondente iniciativa deberá producirse nun dos dous plenos ordinarios seguintes que se realicen, unha vez que esta teña cumpridos todos os trámites establecidos na lexislación vixente e no Regulamento da Cámara.
- Artigo 12 Para a defensa da proposición de lei, no debate para a toma en consideración no Pleno do Parlamento, a comisión promotora poderá designar un dos seus membros ou un dos asinantes.
E dacordo ao Regulamento (Regulamento do Parlamento de Galicia, Das proposicións de lei):
- Artigo 123.4 Acto seguido, o presidente preguntará se a Cámara toma ou non en consideración a proposición de lei de que se tratar. En caso afirmativo, a Mesa da Cámara acordará o seu envío á Comisión competente e a apertura do correspondente prazo de presentación de emendas. A proposición seguirá o trámite previsto para os proxectos de lei, correspondéndolle a un dos propoñentes ou a un deputado do grupo autor da iniciativa a presentación dela ante o Pleno.