Fedatarios
A normativa das ILP establece que a recollida de sinaturas será responsabilidade dos Fedatarios Especiais que deben ser propostos pola Comisión Promotora.
Contamos con fedatarios e colaboradores espallados por toda Galicia que están saíndo á rúa para recoller un mínimo de 10.000 sinaturas que necesita a tramitación, con un prazo prorrogado que remata o 16/06/2017.
A Xunta Electoral de Galicia, en sesión do 29 de xuño de 2017, acordou verificar que se supera o número mínimo de sinaturas esixido no artigo 2 da Lei 7/2015. do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia (Xunta_Electoral_comunicación_da_certificación_de_sinaturas_válidas_RS_70-2017._29.06.17.pdf)
- Acadamos as 15.195 sinaturas recollidas (a 16/06/2017)
- Das sinaturas presentadas nas Delegación do Censo das catro provincias galegas, a súa verificación no censo certificou 14.468 sinaturas válidas (descontadas as 727 inválidas polos diferentes motivos).
Os Fedatarios Especiais nomeados e acreditados pola Xunta Electoral de Galicia mediante as correspondentes resolucións son os que figuran nas seguintes relacións de nomeamentos:
- Xunta_Electoral_acreditación_de_fedatarios_ILP_RS_765-2016._02.12.16.jpeg
- Xunta_Electoral_acreditación_tres_novos_fedatarios_ILP_RS_769-2016._21.12.16.jpeg
Neste mapa ILP Coparentalidade - Mapa de Fedatarios podes ver a distribución dos fedatarios sobre o mapa de Galicia e localizar os datos de contacto do mais próximo ao teu lugar.
Este é o modelo de Prego de Sinaturas da ILP Coparentalidade.pdf que están utilizando os fedatarios para a recollida de sinaturas (Pero recorda que os exemplares legalmente recoñecidos son os selados pola Xunta Electoral de Galicia, que posúen os fedatarios).
E sí, os das imaxes somos nós (aínda que non estamos todos):