O Grupo do PP no Parlamento de Galicia solicita unha nova prórroga para a presentación de emendas (9/4/2018)

9/04/2018

O Grupo Parlamentario Popular solicitou (Rexistro de entrada: 10024381,  Corrrección de erros:10029094a fixación dun novo prazo de emendas para a Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular: lei de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia tendo en conta o próximo vencemento o día 14 de abril de 2018 da ampliación do prazo de emendas habilitado pola solicitude de prórroga excepcional documento nº 24381 e toda vez que aínda non se ten recibido a información solicitada á Comisión Superior (Anterior: A Mesa do Parlamento de Galicia prorroga novamente de maneira extraordinaria o prazo de presentacións de emendas ata o día 14 de abril de 2018).

A Mesa do Parlamento concedeu esta  ampliación (BOPG100290pax11.pdf ) fixando un novo prazo ata o día 11 de xuño de 2018 ás 18.30 horas.

logopp.gif

Á Mesa do Parlamento de Galicia

O Grupo Parlamentario Popular solicita a fixación dun novo prazo de emendas para a Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular: lei de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia tendo en conta o próximo vencemento da ampliación do prazo de emendas habilitado pola solicitude de prórroga excepcional documento nº 24381 e toda vez que aínda non se ten recibido a información solicitada á Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego por este Parlamento mediante o documento nº21976.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018

 

Corrección de erros:

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, advertido erro no documento con número de rexistro 29082, solicita que se realice a seguinte corrección: Onde di: “ ... O Grupo Parlamentario Popular solicita a fixación dun novo prazo de emendas...” Debe dicir: “...O Grupo Parlamentario Popular solicita a fixación dun novo prazo de emendas ata o 11 de xuño de 2018...”

Santiago de compostela, 9 de abril de 2018 

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos