Contactos co grupo parlamentario do Partido Popular

Este luns 7 de agosto mantivemos unha nova xuntanza cos interlocutores do Grupo parlamentario do Partido Popular no Parlamento de Galicia. Foi o primeiro contacto logo do mantido o 31 de xaneiro cando lles presentamos a ILP e lle solicitáramos unha unha actitude institucional e non partidista á hora da tramitación parlamentaria.

Naquel entón amosaran o seu interese na iniciativa pero non comprometeran nin anticiparan cal sería súa posición cando se iniciara a tramitación parlamentaria. Nesa primeira ocasión os nosos interlocutores foron Paula Prado  (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Paula Prado del Rio); Marta Rodríguez  (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Marta Rodríguez Arias) e Jacobo Moreira  (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Jacobo Moreira Ferro). Por parte da Comisión Promotora, acudimos Lois Toiran, Raul Costas, Isabel Pereria e Abel Lamas.

Agora, a nosa interlocutora Paula Prado volveu a reiterarnos que o PP aínda non tomara unha decisión final como grupo en relación á ILP pero que sí serían partidaros da súa toma en consideración por parte do Parlamento e de propiciar o máximo de entendemento posible coas restantes forzas políticas. Ofreceunos a súa disposición para que na fase de emendas e traballo en Ponencia poidéramos facerlles chegar a nosa valoración sobre as cuestións e modificacións que se propoñan sobre o texto orixinal, así como ter en conta as opinións dos especialistas que en cada tema poidéramos propocionarlles.  Nesta ocasión por parte da Comisión Promotora acudimos Lois Toiran, Pilar Noyano e Abel Lamas.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos