No pleno do día 17 de outubro, En Marea decidiu non participar no debate nin na votación da toma en consideración da ILP. A explicación desta posición está recollida na web do En Marea, que dá conta da postura manifestada pola súa portavoz, Paula Quinteiro Araújo, durante a intervención no pleno do Parlamento:
Porén, aínda non manifestaron cal é a súa posición política como grupo parlamentario en relación á ILP.
A intervención da representante de En Marea pode reproducirse completa na web do Parlamento:
Este xoves 10 de agosto mantivemos unha nova xuntanza cos interlocutores do Grupo parlamentario de En Marea no Parlamento de Galicia. Foi o primeiro contacto logo do mantido o 9 de xaneiro cando lles presentamos a ILP e lles solicitáramos que non abordasen a cuestión dende unha perspectiva da política de partidos senón como unha problemática social transversal.
Naquel entón amosaran o seu interese na iniciativa pero non comprometeran nin anticiparan cal sería súa posición cando se iniciara a tramitación parlamentaria. Nesa primeira ocasión os nosos interlocutores foron Paula Quinteiro (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Paula Quinteiro Araújo) e Paula Vázquez (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Paula Vázquez Verao) . Por parte da Comisión Promotora acudimos Lois Toiran, Isabel Pereria e Abel Lamas.
Agora volveron a reiterarnos que aínda non tomaran unha decisión como grupo en relación á ILP, pero que de ser tomada en consideración por parte do Parlamento ofrécense a manter coa Comisión Promotora unha colaboración fluída durante a fase de emendas e ponencia.
Nesta ocasión os nosos interlocutores foron Paula Quinteiro, Paula Vázquez, Marcos Cal (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Marcos Cal Ogando), Ángela Rodríguez (Congreso dos Deputados » Ángela Rodríguez Martínez) e Ana Seijas (Vicevoceira do Área Orgánica da Coordinadora de En Marea, ver prensa). Por parte da Comisión Promotora acudimos Lois Toiran e Abel Lamas.