A Comisión 1ª que se ocupa da ILP tramita a solicitude de informe sobre o encaixe da lei nas competencias de Galicia (18/1/2018)

19/01/2018

Na súa reunión do xoves 18/1/2018, a mesa da Comisión 1ª Institucional de Administración pública, Xustiza e Interior acordou tramitar a solicitude  de información á Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego dependente do Goberno galego en relación co posible encaixe, dentro das competencias autonómicas en materia de dereito civil especial, da Proposición de lei, respondendo á iniciativa que rexistraran conxuntamente os Grupos Parlamentarios Popular e Socialista con Rexistro de entrada: 10021796:

Á Mesa do Parlamento:

Os Grupos Parlamentarios Popular e Socialista, ao abeiro do disposto no artigo 44.1 primeiro do Regulamento do Parlamento de Galicia, solicita da Comisión 1ª Institucional de Administración pública, Xustiza e Interior, se pida información á Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego dependente do Goberno galego en relación co posible encaixe, dentro das competencias autonómicas en materia de dereito civil especial, da Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular en tramitación sobre corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia (BOPG,número 4, do 31.10.2016).

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2.017.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos