¿Que é unha ILP?
Unha Iniciativa Lexislativa Popular é un mecanismo polo que calquera grupo de cidadáns empadroados en Galicia pode presentar un texto de disposicións legais normativas co propósito de que as aprobe o Parlamento de Galicia se entra dentro das súas competencias e así o decide.
Aquí podes descargar o documento co texto da lei que regula todos os pormenores do procedemento Lei_7-2015_ILP_Galicia.pdf, dende a redacción do texto legal e a presentación no Parlamento ata a defensa da mesma unha vez superada a recollida das 10.000 sinaturas de apoio.