Posición do PSdeG-PSOE no debate de toma en consideración

No pleno do día 17 de outubro, o PSdeG-PSOE votou a favor da toma en consideración da ILP. Foi a súa portavoz no pleno Patricia Vilán Lorenzo. Non deron conta aínda da súa posición na web do partido:

http://www.psdeg-psoe.com/

A intervención da representante do PSdeG-PSOE pode reproducirse completa na web do Parlamento:

http://mediateca.parlamentodegalicia.gal/library/items/pleno-2017-10-17?part=3fb7de95-be7f-4a8f-b0f5-f26b727e2dc0&start=2285

Contactos previos co grupo parlamentario do PSdeG-PSOE

O xoves 7 de setembro mantivemos unha nova xuntanza cos interlocutores do Grupo parlamentario do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia. Acudimos Lois Toiran e Abel Lamas, recibindonos Patricia Vilán, representante do PSdeG-PSOE na Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento, que será a comisión que se ocupará dos traballos sobre o texto da ILP.

Informámola da actividade desenvolvida pola Comisión Promotora dende o primeiro contacto celebrado e expuxémoslle a necesidade de que distintos expertos e a propia voz da Comisión Promotora poideran escoitarse durante os traballos da comisión.  Reiterounos o interese que teñen en que a ILP pase á fase de comisión para poder traballar na millora do texto legal.

O primeiro contacto co PSdeG-PSOE mativerámolo o 10 de xaneiro cando lles presentamos a ILP e lles solicitáramos que tratasen a cuestión con un enfoque que trascendera a dinámica de partidos, procurando a cooperación e a transversalidade, recollendo o espíritu da ILP.

Naquel primeiro contacto amosaron que xa estudaran os contidos da ILP  e manifestaron o seu interese na iniciativa pero non comprometeron nin anticiparon cal sería súa posición cando se iniciara a tramitación parlamentaria, que supeditaron ao debate interno que acometerían, pero si recoñeceron a necesidade da existencia dunha lexislación específica. Tamén acordaron establecer unha canle de comunicación coa Comisión Promotora para poder ir ampliando o debate sobre as diferentes cuestións que suscitase o contido da ILP.

Na primeira ocasión os nosos interlocutores foron Patricia Vilán  (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Patricia Vilán Lorenzo), Juan Manuel Díaz (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Juan Manuel Díaz Villoslada), Noela Blanco (Directorio de deputad@s do Parlamento de Galicia » Noela Blanco Rodríguez) e Eudoxia Neira "Yoya" (Corporación Municipal de A Coruña, PSdeG-PSOE  »  EUDOXIA NEIRA FERNÁNDEZ) . Por parte da Comisión Promotora acudimos Lois Toiran, Isabel Pereria e Abel Lamas. 

Durante os meses posteriores, en varias ocasión fomos convidados a participar nos seus debates, como recollemos nos eventos:

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos