Iniciativa sobre o Coordinador de Parentalidade

Coincidindo coa rolda de prensa da AGPNS (ver noticia completa), o Grupo do PSOE presentou no Parlamento de Galicia varias iniciativas para implantar en Galicia a figura do Coordinador de Parentalidade nos casos de separación conflitivas, unha das medidas que vimos reclamando. O día 26 de xuño de 2018 presentou no Parlamento de Galicia varias iniciativas dirixidas a ser contestadas en pleno e en comisión, ademais dunha proposición non de lei:

A cuestións que formulan son as seguintes:

1. ¿É consciente o Goberno galego de que moitos dos conflitos familiares encaran relacións de alta conflitividade que vai máis alá de despois de ditada a sentenza e que iso implica gran colapso e gasto público para os tribunais?

2. ¿Ten coñecemento o Goberno galego da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, do 26 de febreiro de 2015, sobre a figura do coordinador parental?

 
3. ¿Entende o Goberno galego que esta figura do coordinador parental tería encaixe no apoio familiar que regula a Lei 3/2011, de apoio á familia e á convivencia de Galicia?

A proposición non de lei que o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta para o seu debate en Pleno (e tamén a presentan para Comisión) é a seguinte:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a, enmarcado no apoio familiar que regula a Lei 3/2011, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, introducir a figura do coordinador parental como auxiliar dos xulgados con competencia en materia de familia e coa fin de facilitar unha dinámica familiar positiva e a solución de problemas xurdidos despois do conflito de parella, en contextos de grave conflitividade nos que haxa menores.

A figura do coordinador de parentalidade: antecedentes

Esta figura, que existe en países como Canadá e Estados Unidos,  introdúcese en España por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña de 26 de febreiro de 2015 (ver texto da sentenza).

Outras institucións catalanas apoian esta figura, como o Colexio Oficial de Psicólogos (ver páxina do COPC).

Actualmente, entre outras organizacións, a Fundación Filia está promovendo en España a formación de profesionais con este propósito: https://coordinadorparental.org/

Unha análise da introdución desta figura e as súas características pódese consultar na web de Confilegal: Coordinador parental en caso de divorcio conflictivo: ¿Qué es y cómo funciona?

 

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos