A TVG e Correo TV tratan novamente sobre Corresponsabilidade e Custodia Compartida (27/02/2018)

27/02/2018

A TVG emitiu o martes 27/02/2018 no seu programa Bos Días a entrevista  "Custodia Compartida", na que o convidado para tratar o tema foi Abel Lamas, Vicepresidente da AGPNS. Un dos temas destacados que se trataron foi a tramitación parlamentaria da "Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia".

Na tarde do día anterior, o luns 26/02/2018, a televisión local de Santiago Correo TV gravou un novo capítulo da súa Escola de Pais centrado na problemática dos fillos de parellas que xestionan de forma conflitiva a súa separación. Como convidados,  Javier Pérez, avogado especialista en cuestións sobre menores; Abel Lamas en representación da AGPNS.

A "Custodia Compartida" na TVG

Na entrevista que cada cada día de luns a venres realiza a Televisión de Galicia sobre cuestións de actualidade no seu seu programa Bos Días,  a iso das 10:05h da mañá, este pasado martes 27/02/2018 convidaron á Asociación Galega de Pais e Nais Separados para tratar da "Custodia Compartida". Marcos Sueiro Carballada entrevistou a Abel Lamas como Vicepresidente da AGPNS. As cuestións iniciais formuladas: ¿Como compartir a custodia dos fillos?¿É un tema dificil este, non?.  Un dos temas destacados que se tratou foi a tramitación parlamentaria da "Proposición de lei, de iniciativalexislativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia".

Bos días: A entrevista (27/02/2018) 

Emitido 27/02/2018 10:05 (minuto 00:57:36 da gravación)
TVG_BosDas_AEntrevista_CustodiaCompartida.png
www.crtvg.es

 

Escola de Pais en Correo TV: fillos de parellas con separacións conflitivas

O programa Escola de Pais de Correo TV, a Televisión do grupo El Correo Gallego, convidou a un avogado especializado e á Asociación Galega de Pais e Nais Separados para reflexionar sobre como se ven afectados os menores nas separacións conflitivas. Como promotores da ILP Coparentalidade, expuxemos que a custodia compartida e o respecto á figura dos dous proxenitores  son os piares básicos para previr a diversa problemática que se produce en caso contrario.

Correo TV - ESCOLA DE PAIS (http://www.correotv.es)

O programa emitirase a vindeira semana e repite a súa emisión ao longo da semana, podendo visualizarse en YouTube: https://www.youtube.com/results?search_query=escola+de+pais

Martes (21:00 a 22:00 | 23:00 a 00:00)
Mércores (10:00 a 11:00 | 12:30 a 13:30 | 15:00 a 16:00 | 17:00 a 18:00 | 18:45 a 19:45)
Venres (19:15 a 20:15)
Sábado (10:00 a 11:00)
Domingo (17:30 a 18:30)

Carlos Roma modera unha tertulia na que se prantexa o interrogante ¿pais separados, fillos partidos? na que participan Javier Pérez, abogado especializado en menores pola Universidade de Vigo; Abel Lamas, vicepresidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados, e Concepción Lavid Fontecilla, responsable de Aprender a educar aprenderaeducar.org en Galicia.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos