Colaborar coa Comisión Promotora
Ademais do traballo de recoller sinaturas do que se encargan os Fedatarios, a Comisión Promotora está solicitando a manifestación de apoio expreso ás diferentes institucións e colectivos de Galicia, achegándonos a todos os interlocutores que as nosas posibilidades nos permiten.
No apartado do historial podes ver cómo están sendo os nosos pasos.
¡Bótanos unha man!
Facilítanos o achegamento con aquelas institución e colectivos que poidan expresar o seu interese en que o Parlamento de Galicia acepte e debata esta ILP. Ponte en contacto con nós para colaborar na medida das túas posibilidades.
Aquí podes descargar un modelo de moción de proposta de resolución de apoio que está sendo presentado en diferentes concellos de Galicia que manifestan a súa sensibilidade en prol da Corresponsabilidade Parental cando se produce unha separación ou un divorcio.