A Comisión Superior do Dereito Civil galego emitiu un informe negativo sobre o encaixe da ILP nas competencias de Galicia e suxire unha regulación estatal (28/5/2018)

28/05/2018

A Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego emitiu o informe requirido polo Parlamento a petición dos grupos parlamentarios PP e PSdG-PSOE (ver noticia anterior) :

EMISIÓN E COMUNICACIÓN DO INFORME

Logo do correspondente debate e votación, desde a Comisión Superior para o estudio do desenvolvemento do Dereito civil galego adóptase por maioría dos seus membros na sesión do 28.05.2018 a posición contida nas consideracións que de seguido se recollen que serviron de base para conformar o parecer maioritario da Comisión sobre a falta de competencia da materia obxecto da Proposición de lei de ILP en tramitación sobre corresponsabilidade parental e relacións familiares no cese da convivencia; e sen prexuízo de anexar, así mesmo, como voto particular, as reflexións da posición minoritaria, que se remiten de xeito conxunto neste documento ao Parlamento de Galicia.

Así mesmo, por consenso do plenario da devandita Comisión suxírese ao Parlamento de Galicia a posibilidade de dirixirse ás Cortes Xerais instando a modificación da regulación estatal para dar cobertura xeral a esta materia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

Imaxe da reunión da Comisión Superior do Dereito Civil de Galicia, 28-05-2018.jpg

Pódese acceder ao texto completo do informe no seguinte enlace:

Tamén no propio expediente do Parlamento de Galicia:

 

Información institucional emitida pola Xunta de Galicia

Nota de prensa da Xunta de Galicia, 28/05/2018 ( https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/30941/comision-superior-dereito-civil-considera-que-galicia-non-ten-competencias-para ):

A Comisión superior para o estudo do desenvolvemento do dereito civil galego acordou hoxe por maioría remitir ao Parlamento galego un informe no que se determina que Galicia non ten competencias para lexislar sobre a custodia compartida.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe unha nova reunión do pleno deste órgano consultivo. A última xuntanza foi o pasado 26 de abril, e na mesma encargouse a elaboración dun informe que dera resposta á consulta realizada polo Parlamento galego para saber se a proposición de lei referida á corresponsabilidade parental -admitida a trámite logo de presentarse como Iniciativa Lexislativa Popular- tería encaixe nas competencias autonómicas ou correspondería ao ámbito estatal.

A Constitución Española confire ás comunidades autónomas con dereitos especiais a posibilidade de conservar, modificar e desenvolver o seu dereito propio, pero non de forma ilimitada. Así, a xurisprudencia do Tribunal Constitucional vén esixindo que exista unha conexión entre as figuras que xa existían e a nova materia a desenvolver.

O informe aprobado hoxe, de carácter non vinculante, sinala que en Galicia non destaca ningunha institución conexa relativa ás relacións paternofiliais. Os principios xurídicos que si existen refírense case exclusivamente á vía patrimonial, polo que non presentaría unha conexión suficiente.

Este estudo engade, entre outros argumentos, que non procede reproducir preceptos estatais nas lexislacións autonómicas, en tanto considera que parte da Proposición de Lei pode ser vista como unha reiteración do Código Civil, que implicaría a vulneración dos principios de competencia e seguridade xurídica.

Ademais, no informe incluirase, de común acordo, a suxerencia de que o Parlamento galego inste ás Cortes Xerais para que regulen sobre esta materia.

 

O presidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados valora a decisión

En declaracións aos medios de prensa, Lois Toirán, actual presidente da AGPNS, fixo unha valoración do informe:

"Votar en contra de la custodia compartida fue una decisión política y no jurídica"

Pódese ler a entrevista completa en http://www.farodevigo.es/galicia/2018/05/30/lois-toiran-votar-custodia-compartida/1901032.html

 

A noticia nos medios de prensa

O informe tivo eco inmediato na prensa:

 

A Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego

A petición do Parlamento motivou no seu día a renovación dos membros da Comisión (Noticia da renovación dos membros da Comisión) conforme á súa composición normativa, posto que o mandado dos anteriores membros xa expirara: Composición da Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego

 

Parlamento de Galicia, expediente 10/IN4-000002

A información relativa á petición cursada á Comisión Superior do Dereito Civil galego e a súa tramitación pódese consultar no correspondente expediente na web do Parlamento de Galicia:

http://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/10/IN4-000002 

Extracto: Solicitude de petición de información por parte da Comisión 1.ª á Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego dependente do Goberno galego en relación co posible encaixe, dentro das competencias autonómicas en materia de dereito civil especial, da PPLI sobre corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia

Número de rexistro de entrada: 10021796

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos