Os grupos politicos do Parlamento de Galicia presentaron emendas de supresión completa de todos os artigos e disposicións da ILP Coparentalidade en resposta ao informe negativo sobre competencias emitido pola Comisión Superior do Dereito Civil Galego (ver noticia anterior).
Únicamente o PP manifesta a disposición de requirir ao Parlamento do Estado a elaboración dunha nova normativa de caracter estatal.
As emendas presentadas polos grupos pódense consultar nos seguintes enlaces ou directamente na web do expediente no Parlamento (http://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/10/PPLI-000001):
A Asociación Galega de Pais e Nais Separados e a Comisión Promotora da ILP Coparentalidade teñen recibido a seguinte información dos representantes dos grupos parlamentarios do PP e PSOE que estuda a tramitación da ILP Coparentalidade na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia.
Os grupos parlamentarios En Marea e BNG aínda non facilitaron información aos representantes da Comisión Promotora da ILP, a pesares de lles ser requirida reiteradamente.
A INFORMACIÓN que queremos facer pública na sociedade galega é a seguinte:
A suxerencia formulada pola Comisión Superior do Dereito Civil Galego no seu informe: “Por consenso do plenario da devandita Comisión suxírese ao Parlamento de Galicia a posibilidade de dirixirse ás Cortes Xerais instando a modificación da regulación estatal para dar cobertura xeral a esta materia”, só está recibindo o apoio do grupo do Partido Popular, que presentará unha iniciativa neste sentido no Pleno.