Mais que unha ILP
Abrimos esta web coa seguinte declaración de propósito:
A recollida da 10.000 sinaturas permitirá que no Parlamento de Galicia se debata a toma en consideración e posterior tramitación como Proxecto de Lei do texto da ILP refrendada por moitos galegos, pero en paralelo esta iniciativa tamén quere servir para propiciar a reflexión social e millorar a atención aos nosos nenos e nenas.
Agora cando no Parlamento se anticipa que os grupos políticos porán fin á tramitación da ILP sen adoptar ningunha disposición normativa, porase de manifesto que a iniciativa non se esgota no plano lexislativo co texo da propia ILP.
Actuacións e temas relacionados:
O Grupo do PSOE presentou no Parlamento de Galicia varias iniciativas para implantar a figura do Coordinador de Parentalidade (26/6/2018)
O Grupo do PSOE presentou no Parlamento de Galicia varias iniciativas para implantar en Galicia a figura do Coordinador de Parentalidade nos casos de separación conflitivas, unha das medidas que vimos reclamando. O día 26 de xuño de 2018 presentou no Parlamento de Galicia varias iniciativas dirixidas a ser contestadas en pleno e en comisión, ademais dunha proposición non de lei. Pódese ampliar a información no apartado Coordinador de Parentalidade.
A Comisión 1ª aproba unha iniciativa do Grupo do PP para debatir no Pleno a solicitude ao Goberno Central para que a lexislación estatal garantice a corresponsabilidade parental (5/9/2018)
A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 5 de setembro de 2018, adoptou entre os seus acordos a seguinte iniciativa de proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que modifique a lexislación estatal na materia a fin de que se garanta a corresponsabilidade parental e as relacións familiares con ambos proxenitores no cese da convivencia."
O texto completo da iniciativa e os pormenores da votación pódese consultar no apartado PNL ao Goberno de España