Tramitación no Parlamento de Galicia
Toda a información relativa ao expediente parlamentario da ILP Coparentalidade está dispoñible na Web do Parlamento:
http://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/10/PPLI-000001
Últimos pasos:
A ILP foi tomada en consideración polo Parlamento
O Parlamento de Galicia aprobou por ampla maioría a toma en consideración da ILP: 54 votos a favor, 6 en contra, ningunha abstención. A posición que cada grupo político manifestou está recollida no apartado correspondente ao grupo parlamentario.
No pleno do Parlamento de Galicia celebrado o 17 de outubro, logo da defensa realizada por Lois Toirán Vázquez como representante da Comisión Promotora, a posterior contestación dos grupos políticos e a réplica do defensor, o Parlamento aprobou por ampla maioría a toma en consideración da ILP: 54 votos a favor, 6 en contra, ningunha abstención. (Ver noticia completa)
O Parlamento de Galicia debate a ILP no pleno do día 17/10/2017
Recibida no Parlamento de Galicia a comunicación da Xunta Electoral certificando que se acadara o número de sinaturas necesario, a Mesa do Parlamento iniciou os pasos previos ao debate de toma en consideración que se celebraría chegado o día no Pleno do Parlamento, segundo o disposto pola Mesa do Parlamento no acordo de 4/07/2017. Aquí podes descargar o texto do acordo: Publicación da Proposición de lei BOPG B100140_1.2.PDF_pax11_NR10003371.PDF
Agora, unha vez completados todos os trámites, a Mesa do Parlamento convocou o debate de toma en consideración.
O debate terá lugar no pleno do Parlamento do 17 de outubro ás 10:00h como primeiro punto da orde do día, segundo o disposto pola Mesa do Parlamento na súa reunión do 10/10/2017. O seguinte enlace permite descargar o texto da orde do día do pleno: