A Comisión Promotora completou unha nova rolda de contactos cos grupos políticos do Parlamento de Galicia: PP, En Marea, PSdeG-PSOE e BNG

10/09/2017

Os tres grupos cos que xa mativeramos unha reunión inicial de contacto: En Marea, PSdeG-PSOE e PP, mais agora o BNG, recibiron a información de cómo se desenvolvera a campaña de recollida de sinaturas.

Amosaron ou reiteraron o seu interese e a súa disposición a manter un intercambio fluído de información coa Comisión Promotora, pero ningún dos grupos comprometeu a súa posición para cando se inicie a tramitación parlamentaria da ILP, aínda que son favorables á súa toma en consideración polo Parlamento e que o texto pase á fase de debate en comisión.

A todos eles trasladámoslles a necesidade de que distintos expertos e a propia voz da Comisión Promotora poideran escoitarse durante os traballos da comisión para poder garantir a millora do texto legal da lei que finalmente redacte o Parlamento.

Os contactos pormenorizados con cada un dos grupos políticos poden consultarse nos apartados da sección O Parlamento  da nosa web.

Logo do grupo PopularLogo de En MareaLogo do grupo SocialistaLogo do Bloque Nacionalista Galego

OParlamento_mapaGrupos.png

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos