A Mesa do Parlamento de Galicia designou á Comisión 1ª que se ocupará da ILP e amplía os prazos de emendas a solicitude dos grupos (7/11/2017)

10/11/2017

A Mesa do Parlamento, na reunión do día 23 de outubro de 2017, tomou coñecemento do acordo de toma en consideración polo Pleno da Proposición de lei de de iniciativa lexislativa popular de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia (doc. núm.339, 10/PPLI-000001), e adoptou o seguinte acordo:

  • 1º. Abrir o prazo de presentación de emendas ao articulado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia, que contará desde a publicación deste acordo e que concluirá o día 11 de novembro de 2017, ás 13.00 horas.
  • 2º. Propoñer á Xunta de Portavoces a súa asignación á Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior.

Posteriormente, o 7 de novembro acordou:

  • Ampliar, por primeira vez, o prazo de presentación de emendas ao articulado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia [(doc. núm. 339, 10/PPLI-000001)] , ata o día 21 de novembro de 2017 ás 18.30 horas.

De seguido, o día 8 de novembro varios grupos parlamentarios pediron unha prórroga extraordinaria que aínda non está resolta:

  • Os Grupos Parlamentarios Popular de Galicia, En Marea e Socialistas de Galicia, a través dos seus Portavoces, ao abeiro ao disposto no artigo 96.2 do Regulamento do Parlamento de Galicia, presentan unha solicitude de prórroga excepcional ao prazo de presentación de emendas á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular: lei de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia (10/PPLI-000001 (339)). En particular, dada a procedencia popular do texto, que o ten privado do procedemento de información pública habitual en proxectos de lei e dada a súa afección a eidos tan específicos como o dereito de familia ou o propio encaixe da regulación no dereito civil galego, solicitamos que o prazo de presentación de emendas se amplía ata o día 1 de febreiro de 2018 para permitir que, nese prazo, se solicite información complementaria nestes eidos ante a Comisión á que foi asignada a proposición de lei co obxecto de arroxar luz sobre estas cuestións.
Últimos pasos da tramitación da ILP que tiveron lugar no Parlamento de Galicia
19/10/17 Oficio de execución dos acordos do Pleno Rexistro de Saída: 10005447
23/10/17 Oficio de execución dos acordos da Mesa Rexistro de Saída: 10005519
23/10/17 Apertura do prazo de emendas 
24/10/17 Publicación da designación da Comisión e da apertura prazo de emendas (extracto) BOPG Num. 199(1)BOPG Num. 199(2)BOPG Num. 199(3)
31/10/17 Asignación a Comisión Mesa do Parlamento
07/11/17 Solicitude de ampliación do prazo de emendas (documento) Rexistro de Entrada: 10019827
07/11/17 Notificación aos portavoces Rexistro de Saída: 10005739
07/11/17 Notificación ao Servizo de Publicacións Rexistro de Saída: 10005739
07/11/17 Publicación da ampliación do prazo de emendas (extracto) BOPG Num. 206
08/11/17 Solicitude de ampliación extraordinaria do prazo de emendas (documento) Rexistro de Entrada: 10019891

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos