Previos ao debate da toma en consideración por parte do Parlamento

Estos son os pasos previos ao debate de toma en consideración que están tendo lugar, segundo o disposto pola Mesa do Parlamento no acordo de 4/07/2017 :

  • Admitir a trámite a devandita proposición de lei e dispoñer o seu traslado á Xunta de Galicia para que manifeste o seu criterio e a súa conformidade respecto da súa tramitación nos termos previstos no artigo 123.2 e 124 do Regulamento (Regulamento do Parlamento de Galicia, Das proposicións de lei) :     
    • Artigo 123.2 Transcorridos quince días sen que a Xunta de Galicia manifestase o seu criterio ou negase expresamente a súa conformidade á súa tramitación, no suposto de implicar aumento dos créditos ou mingua dos ingresos orzamentarios do exercicio, a proposición de lei quedará en condicións de ser incluída na orde do día do Pleno para a súa toma en consideración. 
    • Artigo 123.3 Antes de iniciar o debate, darase lectura ao criterio da Xunta se o houber. O debate axustarase ao establecido para os de totalidade.
    • Artigo 124 As proposicións de lei de iniciativa popular deben ser examinadas pola Mesa do Parlamento para ver de que cumpran os requisitos legalmente establecidos. Se os cumpriren, a tramitación axustarase ao previsto no artigo anterior, coas especificidades que poidan derivar das leis que regularán esta iniciativa.
  • Solicitar da Xunta de Galicia que emita o informe previsto no artigo 7 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, de igualdade de mulleres e homes. 
    • (Lei 7/2004, do 16 de xullo, de igualdade de mulleres e homes) Artigo 7º.-Informe sobre o impacto de xénero na elaboración das leis. Os proxectos de lei presentados no Parlamento galego pola Xunta de Galicia irán acompañados dun informe sobre o seu impacto de xénero elaborado polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Se non se acompañasen ou se se tratase dunha proposición de lei presentada no Parlamento galego, este requirirá, antes da discusión parlamentaria, a súa remisión á Xunta de Galicia, quen ditaminará no prazo dun mes; transcorrido este prazo a proposición seguirá o seu curso.

Contestación da Secretaría Xeral de Igualdade, recibida no Parlamento o día 18/09/2017 con número de rexistro de entrada 10016715 (O texto completo pódese consultar en http...VisorRexistro.aspx?numrex=0249258F ), que non manifesta reparos:

  • "..., aínda tendo en conta a existencia de implicacións relevantes dende o punto de vista de xénero, non se considera procedente realizar recomendacións ao respecto."

Debate da toma en consideración por parte do Parlamento

Segundo o texto da lei que regula o procedemento Lei_7-2015_ILP_Galicia.pdf, o debate da toma en consideración rexerase segundo os seguintes artigos:

  • Artigo 11 Recibida a notificación que acredite que se reuniu o número de sinaturas esixido, a Mesa ordenará a publicación da proposición, e a súa tramitación axustarase ao disposto no artigo 123 do Regulamento da Cámara. A inclusión na orde do día dunha sesión plenaria do debate de toma en consideración da correspondente iniciativa deberá producirse nun dos dous plenos ordinarios seguintes que se realicen, unha vez que esta teña cumpridos todos os trámites establecidos na lexislación vixente e no Regulamento da Cámara.
  • Artigo 12 Para a defensa da proposición de lei, no debate para a toma en consideración no Pleno do Parlamento, a comisión promotora poderá designar un dos seus membros ou un dos asinantes.

E dacordo ao Regulamento (Regulamento do Parlamento de Galicia, Das proposicións de lei):

  • Artigo 123.4 Acto seguido, o presidente preguntará se a Cámara toma ou non en consideración a proposición de lei de que se tratar. En caso afirmativo, a Mesa da Cámara acordará o seu envío á Comisión competente e a apertura do correspondente prazo de presentación de emendas. A proposición seguirá o trámite previsto para os proxectos de lei, correspondéndolle a un dos propoñentes ou a un deputado do grupo autor da iniciativa a presentación dela ante o Pleno. 

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos