Inicio > Historial > A Asociación Executivas de Galicia organizou en Santiago a mesa “La Custodia Compartida” convidando á AGPNS (01/12/2017)

A Asociación Executivas de Galicia organizou en Santiago a mesa “La Custodia Compartida” convidando á AGPNS (01/12/2017)

2/09/2018

O equipo de mulleres xuristas da Asociación de Executivas de Galicia foi o organizador desta mesa redonda sobre a custodia compartida “CC”, que tamén foi recollido posteriormente polos noticiarios da Televisión de Galicia (ver noticia). 

Sinopse do acto

Presentou o acto como tema de actualidade e aos poñentes Luisa Rivas García, responsable de Organización de eventos da Xunta Directiva da Asociación.

Carla Reyes Uschinsky, presidenta da Asociación, foi a Moderadora e formulou as preguntas que conduxeron o debate, que para ela é un tema polémico na rúa onde se aprecian visións pouco matizadas. Estas foron as principais cuestións formuladas á mesa:

Finalmente tivo lugar o debate aberto coa participación do público.

De entre os asistentes, aproximadamente 60 persoas, o mundo da avogacía tivo unha presencia moi destacada.

As intervencións dos membros da mesa fóronse desenvolvendo ao fío da preguntas da moderadora. O seguinte relatorio non recolle a literalidade das manifestacións realizadas polos participantes, pretende resumir as súas achegas.

Pregunta : ¿É bo lexislar sobre esta cuestión?

  • Paula Prado del Rio, deputada, Presidenta da Comisión de Igualdade do Parlamento de Galicia: No debate de toma en consideración no Parlamento o PP votou a favor porque a CC é unha cuestión do dereito dos menores: a “foto” da familia do menor debe preservarse e a CC favorece isto ao deseñarse un traxe a medida, aínda que debéndose realizar mediante unha redacción dunha lexislación conforme ao marco competencial que teña presente a recente sentenza sobre a inconstitucionalidade da Lei galega de adopcións e autotutela, o que obriga a un enfoque axeitado.
  • Emma González Rodríguez, fiscal da sección civil do área de Vigo para familia e protección de menores: Cada familia é un mundo que non responde a fórmulas de “réxime de custodia” ou “réxime de visitas”, sendo a CC un mecanismo habilitado para favorecer aos menores. En abstracto é a fórmula que permite e preserva mellor a experiencia de familia ao menor. Hai que probarlle ao xuíz, incluso con testemuñas, o alcance das garantías e oportunidades que supón a CC; evitando as CC que respondan a intereses “espúreos”. O tribunal supremo considera á CC como o mellor sistema. Haberá que analizar como se aplicará e afectará a cuestións como as pensións, vivenda, etc…
  • Lois Toirán Vázquez, Presidente AGPNS Asociación Galega de Pais e Nais Separados: A realidade das separacións e divorcios vai en aumento e cando hai nenos e nenas é necesario dar oportunidades para que no sexa anecdótica a CC en Galicia (que ten un 15% sobre o total das novas rupturas); evitar consecuencias que en Inglaterra conducen a que a terceira parte dos menores acaban perdendo o contacto cunha parte da súa familia. Non existe mellor maneira de educar aos nenos. Para exercitar o rol de pai e nai necesítase un mínimo de tempo de convivencia de un 30% do tempo dos menores, que se desenvolva coa capacidade de irse adaptando as novas circunstancias. A prevalencia dos roles preconfigurados nos xulgados é unha realidade constatable. Os fiscais non dispoñen do tempo necesario. Para cambiar as mentalidades de todos os actores, hai que modificar a lexislación.
  • Mar Vivero Vizoso, avogada especialista en familia: De acordo en que hai que lexislar sobre a CC, pero hai que dotar de medios e equipos psicosociais que actúen a tempo sen que se poidan consolidar situacións “fácticas” que serán difíciles de reverter posteriormente. Reclama xulgados especializados que apenas hai. Os xuíces de primeira estancia non teñen a capacitación necesaria. Aínda sen lexislación específica, as sentenzas e o cambio social, dende 2007 a 2017, veñen producindo un aumento notorio da CC: imponse o sentido común.
  • Emma Blanco García, psicóloga : Dende un punto de vista psicolóxico, falta formación nos xulgados e nas familias. As consecuencias para os menores van a depender da actitude dos pais.  Pautas a seguir que deben darse como premisas: respecto e colaboración, que favorecerán a CC; existindo factores que poderían impedila: diferenzas extremas que xeren estrés nos propios pais e nos fillos. Un alto nivel de conflito antes da separación implicará que tamén o habería no futuro. Os cambios que observe o menor deben minimizarse nos cambios de custodio/a.
  • Miguel Filgueira Bouza, xuíz de violencia contra a muller en A Coruña: A ILP abre un debate que era necesario. A experiencia como xuíz dille que certos criterios xurisprudenciais que se veñen consolidando son “intolerables” e condenan, por exemplo, a un dos proxenitores ao ostracismo nunha habitación dunha pensión que non reunirá as condicións necesarias para acoller ao neno, “imposibilitando a CC ou incluso un réxime normalizado porque non permite pernoctas”. A lei debe ofrecer alternativas en paridade e xa no pleito decidirse pola opción apropiada. Necesítanse recursos e tempo, con xulgados de familia correctamente dotados. Unha pronta resolución de un xulgado de familia podería evitar un porcentaxe apreciable de casos que finalmente acaban nun xulgado de violencia.

 

Pregunta : ¿É necesario lexislar sobre a CC e que esta fórmula sexa a predeterminada?

  • Fiscal: O dereito debería alumear á sociedade. Si, lexislar sen atar as mans do xuíz. Constata unha evolución social e quixera que a lei proporcionase amparo ao labor do fiscal.
  • Presidente AGPNS: A existencia da lei propiciará a asunción de roles de pais e nais. Debe requirirse unha xustificación en cada caso de separación do por que a CC non sexa a fórmula que se utilizará. Debe regularse a esixencia da corresponsabilidade logo da separación. En Suecia, país pioneiro en Europa, analizan por que a CC non acada maiores porcentaxes e buscan medidas para que os pais collan mais permisos de coidado dos menores. En ningún sitio está ocasionando problemas o establecemento prioritario da CC. En Cataluña, comunidade pioneira en España, este debate xa está superado; como sucede por exemplo en Canadá, onde xa teñen un itinerario xudicial específico familiar.
  • Deputada: ¿Predeterminada? Non, pero non podemos aceptar que sexa excepcional. No anteproxecto de lei do 2013 do Parlamento nacional xa se incorporaban os temas necesarios para tratar a custodia nas separacións. O dereito vai sempre por detrás da sociedade e nesta cuestión vai especialmente con moito retraso. Habería que redeseñar a planta xudicial para que se poidan crear xulgados comarcais; regular que os equipos psicosociais teñan un tempo de actuación previsto e establecer criterios de prioridade nas súas actuacións.

 

Pregunta : ¿A CC é cara?¿Detrás está o home que quere escapar da súas responsabilidades económicas?

  • Avogada: Analizando as posibilidades, o concepto de casa niño (onde os que se intercambian o domicilio son os pais) ¿É unha solución ideal,  aparte de que sexa caro?. A CC reparte mellor os gastos e non xera discriminación. Xa existen cálculos predeterminados ofrecidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial que tabulan as cantidades previstas. A CC nada ten que ver coa pensión compensatoria entre cónxuxes.
  • Fiscal: Si que existen tanto negativas infundadas á CC por unha das partes como solicitudes “espúreas” por parte da outra.

 

Pregunta : ¿Faise o que o menor quere? ¿Niso consiste isto de “o mellor interese do menor”? ¿Ou o neno está obrigado a cumprir, incluído o que dicta o xuiz?

  • Psicóloga: Desaconséllase a CC se un neno non quere, pero hai que indagar o porqué.
  • Fiscal: O menor non decide. Só se lle ten en conta. As manifestacións do menor deben ser xustificables e xustificadas.
  • Presidente AGPNS: Cando a custodia adxudícase inicialmente á persoa da muller, posteriormente vaise considerar que a situación está consolidada e os tribunais serán remisos a modificala. Aos nenos non se lle consente incumprir cos seus deberes (por ex. de asistencia ao colexio) e non se lles debe facer perder a metade das súas relacións sociais.
  • Xuíz: O groseiro é pedirlle ao menor que decida. Hai que lle propoñer o necesario para el.

 

Pregunta : ¿Como se detecta a evolución das circunstancias?

  • Xuíz: Ao analizar a influencia das circunstancias, resalta que as fórmulas de tratamento legal que se realizan coas figuras  “incurso” ou “condenado” non son axeitadas. Na práctica os equipos psicosociais poden propoñerlle solucións a un xuíz que estarían impedidas pola propia lei, incluídos os supostos que prohibe a propia ILP Coparentalidade. As  prohibicións de carácter xeral deberían evitarse e as normativas facilitar a regulación do proceso xudicial por parte do xuíz e amparar as medidas cautelares que este adopte atendendo as circunstancias do caso.
  • Deputada: Pero os xuíces tamén se limitan en ocasións á literalidade dos textos e non avanzan mais aló na pescuda das solucións, polo que en situacións de discrepancia non se propoñen indagar a posibilidade da CC. No actual pacto de estado contra a violencia sobre a muller (nota de prensa do Parlamento de España) perséguese evitar a casuística dos homes que utilizan aos fillos para danar ás mulleres e iso faille non estar de acordo coa redacción do punto punto 5 do artigo 9 da ILP Coparentalidade (ILP_Coparentalidade.pdf).
  • Xuíz: Non se pode establecer a norma utilizando como referencia os casos excepcionais.
  • Deputada: Fai unha crítica aos xornalistas porque están causando dano ao divulgar o “modus operandi” dos casos extremos de violencia de xénero e prodúcese con isto unha xeneralización das pautas de comportamento. Expón que posiblemente debérase realizar un  tratamento semellante aos dos casos de suicidio.
  • Moderadora: Os xornalistas non teñen en xeral un código ético específico en cuestións de violencia de xénero; as cadeas públicas si que o teñen (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia: códigoConsello de Administración da CRTVG: Recomendacións). Un grupo dentro da Asociación de Executivas está traballando nesta mesma cuestión.
  • Xuíz: Os supostos definidos polo propio lexislador  como “menos graves” (como pode ser unha “bofetada”)  non poden supoñer o alonxamento e a imposibilidade do contacto co menor e o que disto se deriva, debe permitirse a súa ponderación por parte do xuíz.

Debate coa participación do público:

  • Público: Non se pode realizar un tratamento xeneralizado das situacións de violencia de xénero
  • Público: As mulleres teñen un problema de expectativas cando se formulan “Pero é que eu son a nai” ou  “¿Pero o meu ex tamén pode pedir a custodia exclusiva?”. Aos nenos si que se lles pode mudar a situación normal de partida porque cambian as circunstancias familiares.
  • Psicóloga: As mulleres seguen asumindo maioritariamente as custodias. Debe conservarse a custodia por parte de quen xa se ocupaba dos coidados previamente á separación.
  • Avogada: Cambian as circunstancias na separación e polo tanto hai que realizar un novo pacto, que implicará non presevar a situación anterior.
  • Presidente AGPNS: O plan de parentalidade é a solución para resolver a nova formulación que se necesitará.
  • Xuíz: A necesidade de contar coa figura do plan de parentalidade xustifica o requirimento dunha regulación legal da materia
  • Deputada: Os grupos feministas españois “que veñen á salvar á muller” están maioritariamente en contra da CC. Pola contra as feministas francesas reclamaron no seu momento coa CC a implicación dos homes. Unha modificación de medidas sempre se pode propoñer e así revertir “a custodia de un home que incumpra”.
  • Público:  Segolene Royale en Francia foi a promotora da CC. Hai homes que rexeitan a CC para evitar a carga que lle pode supoñer e que non consideran un beneficio.
  • Público: A CC debería ser normal e predeterminada.
  • Público: Reivindica o feminismo, que grazas a el estamos aquí. Observa que se produce un retroceso e se introducen na sociedade teorías como “a do apego”, entre outras.
  • Presidente AGPNS: A ciencia respalda a capacitación tanto do home e a mulller para o coidado dos fillos.
  • Público: Os avogados suscitan as discrepancias entre as partes.
  • Deputada:  Fai un relato da súa experiencia persoal como nai e profesional, nunhas circunstancias que non sempre lle permitiron ocuparse en primeira persoa e continuadamente dos seus fillos, o que non foi un problema porque contou coa colaboración do pai. Non aprecia que a CC sexa un  retroceso, senón que é un resultado de que os pais se involucren cada vez mais.
  • Público: Ao seu bufete nunca acudiu un pai queixándose de que se lle estivera furtando o exercicio da Patria Potestade. Cando os clientes non se comunican entre eles, ¿Como se aplica a CC?. Os avogados realizan unha tarefa de conciliación.
  • Público: ¿Denuncias falsas? ¿Por que non se revisan as disposicións xudiciais a tempo?
  • Xuíz: As existencia de denuncias non debe producir inhabilitación automática das partes para o exercicio da CC.
  • Fiscal: Os conflitos serios teñen que ver coa Patria Potestade. A CC serve para resolver problemas xudiciais. Na súa práctica tamén valoran a CC cando existe discrepancia entre as partes.
  • Presidente AGPNS: Relatou o caso de un recente xuizo nas zona de Vigo, onde un fiscal obxectou a CC ao pai “¿Como vai te-la custodia compartida se lle tería que lavar as partes íntimas á menor?”
  • Público: A lei favorece á muller. Non se pode inhabilitar a pretensión de CC polo feito de que o procedemento entre en vía penal ou de violencia.
  • Xuíz: ¿Por que hai avogados que sempre están cos procedementos conflitivos?
  • Abogada: Tal cliente, tal avogado.
  • Fiscal:  Reflexiona sobre a persoas que necesitan tutela xudicial e para as que nunca se solicita a súa custodia.
  • Público: ¿Podería alguén pedir a CC co propósito de molestar?
  • Público: Unha trompada recibida nun home por parte da muller, ¿Debería conducir a que o home exercese a custodia exclusiva?. O avogado debe ter un código deontolóxico que non prexudique ao menor. Observa que non se pode compartir actualmente a baixa de maternidade.
  • Público: Podemos establecer un réxime progresivo porque ir en contra dos menores sería prexudicial. Algúns problemas xurden logo das sentenzas. Coa CC non será necesario que unha parte teña que lle dicir á outra “o neno leva  os deberes”, porque os dous contarán con toda a información sobre o neno.
  • Presidente AGPNS: O colexio de avogados de A Coruña foi inicialmente reticente ao proceso de  implantación da mediación intraxudicial.
  • Público: O Colexio de avogados de A Coruña si que propicia a mediación. Os avogados teñen un dereito “extendido” de expresión no seu exercicio profesional.
  • Avogada: O cliente busca ao avogado que lle di o que quere escoitar. O xulgado debe explicar nas súas resolucións o como do exercicio da Patria Potestade, cousa que por exemplo xa fai o xulgado de familia de Santiago, explicacións que ocupan varios folios nas sentenzas.
  • Fiscal: O control da dobre sinatura para os cambios de colexio, non sempre se respecta e observa na práctica.
  • Xuíz: Unha denuncia instrumental de violencia para trasladar a continuación ao menor de colexio, pode darse porque neste caso a nai so necesitará a súa sinatura (se a normativa administrativa da Xunta o ampara, incluso sen necesidade de medidas cautelares do xulgado: Normativa de escolarización, Lei galega sobre violencia de xénero). Cita o caso de un colexio que lle formulou 30 preguntas sobre como proceder en función do réxime de custodia. Opina que os centros educativos deben poder dispoñer por vía propia das resolucións do xulgado.
  • Deputada: Non se está sendo xustos coa avogacía. O debate permite concluir que hai medidas complementarias e protocolos que habería que incluir na ILP e no restante ordenamento legal.

A modo de conclusións do debate, Carla Reyes sintetizouno na súa reflexión: A Custodia Compartida non debe ser lexislada á lixeira aínda que favorece a corresponsabilidade e o desenvolvemento dos menores. Existe un consenso xeneralizado de  que se se necesita unha ampliación dos recursos dispoñibles.

 

A noticia na TVG

A Televisión de Galicia TVG recolleu no seu noticieiro Telexornal Serán do mércores 6/12/2017 a entrevista con Carla Reyes e algunhas das conclusión do debate (ver a publicación completa e video orixinal en http://www.crtvg.es/informativos/a-debate-a-posibilidade-da-custodia-compartida-como-predeterminada-en-espana-3574254 :

Telexornal Serán (6/12/2017) 

Publicado o 06/12/2017 21:20
TVG_CC_AsocDirectivas.jpg
www.crtvg.es

"Nós, dende o colectivo 'executivas de Galicia', estamos convencidas de que, como principio xeral, sería un acerto que a custodia compartida fose predeterminada, a primeira fórnula a aplicar, porque axudaría a fomentar e a garatir a corresponsabilidade igualitaria no coidado dos fillos das nais e dos pais, do dous proxenitores.Pero tamén queremos facer fincapé en que se chega a facerse esa defendida reforma lexisltiva, será máis necesario que a xustiza vixíe calquera posible manipulación da medida por calquera das partes, que se vixíe e evita que os proxenitores podan usar a custodia compartida para intereses persoais e non para, por riba de todo, a protección dos menores, dos nenos", explica Carla Reyes, xornalista presidenta do colectivo "Executivas de Galicia", que organiza debates sobre a custodia compartida e sobre unha posible reforma lexislativa ao respecto.

Convocatoria

A Asociación Executivas de Galicia organiza en Santiago unha mesa redonda co título “La Custodia Compartida”, convidando á AGPNS na persoa do seu presidente Lois Toirán. 

A asistencia é libre pero require inscrición no buzón secretaria@executivasdegalicia.org 

  • Doña Paula Prado del Rio, Presidenta da Comisión de Igualdade. Parlamento de Galicia.
  • Doña Mar Vivero Vizoso, Abogada especialista en familia.
  • Don Lois Toirán Vázquez, Presidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados.
  • Doña Emma González Rodríguez, Fiscal de la sección civil del área de Vigo para familia y protección de menores.
  • Don Miguel Fllgueira Bouza, Xuiz de violencia contra a muller. A Coruña
  • Doña Emma Blanco García, Psicóloga.

Lugar: Salón de actos do edificio Cersia Empresa, rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro)  15703 Santiago de Compostela (A Coruña), http://www.cersiaempresa.org
Data e horario: 1 Decembro, 17:00 PM
Entrada libre previa inscrición en: secretaria@executivasdegalicia.org
http://executivasdegalicia.org/events/mesa-redonda-sobre-custodia-compartida/?lang=es

Mesa redonda La Custodia Compartida

Sinopse do acto

O equipo de mulleres xuristas da Asociación de Executivas de Galicia foi o organizador desta mesa redonda sobre a custodia compartida “CC”.

Presentou o acto como tema de actualidade e aos poñentes Luisa Rivas García, responsable de Organización de eventos da Xunta Directiva da Asociación.

Carla Reyes Uschinsky, presidenta da Asociación, foi a Moderadora e formulou as preguntas que conduxeron o debate, que para ela é un tema polémico na rúa onde se aprecian visións pouco matizadas. Estas foron as principais cuestións plantexada á mesa:

De entre os asistentes, aproximadamente 60 persoas, o mundo da avogacía tivo unha presencia moi destacada.

 

 

 
Pregunta
:
¿É bo lexislar sobre esta cuestión?

 

 

Intervencións dos membros da mesa:
  • Paula Prado del Rio, deputada, Presidenta da Comisión de Igualdade do Parlamento de Galicia: No debate de toma en consideración no Parlamento o PP votou a favor porque a CC é unha cuestión do dereito dos menores: a “foto” da familia do menor debe preservarse e a CC favorece isto ao deseñarse un traxe a medida, aínda que debéndose realizar mediante unha redacción dunha lexislación conforme ao marco competencial que teña presente a recente sentenza sobre a inconstitucionalidade da Lei galega de adopcións e autotutela, o que obriga a un enfoque axeitado.
  • Emma González Rodríguez,
    fiscal
    da sección civil do área de Vigo para familia e protección de menores: Cada familia é un mundo que non responde a fórmulas de “réxime de custodia” ou “réxime de visitas”, sendo a CC un mecanismo habilitado para favorecer aos menores. En abstracto é a fórmula que permite e preserva millor a experiencia de familia ao menor. Hai que probarlle ao xuíz, incluso con testemuñas, o alcance das garantías e oportunidades que supón a CC; evitando as CC que respondan a intereses “espúreos”. O tribunal supremo considera á CC como o millor sistema. Haberá que analizar como se aplicará e afectará a cuestións como as pensións, vivenda, etc…
    Lois Toirán Vázquez,
    Presidente AGPNS
    Asociación Galega de Pais e Nais Separados: A realidade das separacións e divorcios vai en aumento e cando hai nenos e nenas é necesario dar oportunidades para que no sexa anecdótica a CC en Galicia (que ten un 15% sobre o total das novas rupturas); evitar consecuencias que en Inglaterra conducen a que a terceira parte dos menores acaban perdendo o contacto cunha parte da súa familia. Non existe mellor maneira de educar aos nenos. Para exercitar o rol de pai e nai necesítase un mínimo de tempo de convivencia de un 30% do tempo dos menores, que se desenvolva coa capacidade de irse adaptando as novas circunstancias. A prevalencia dos roles preconfigurados nos xulgados é unha realidade constatable. Os fiscais non dispoñen do tempo necesario. Para cambiar as mentalidades de todos os actores, hai que modificar a lexislación.
    Mar Vivero Vizoso,
    avogada
    especialista en familia: De acordo en que hai que lexislar sobre a CC, pero hai que dotar de medios e equipos psicosociais que actúen a tempo sen que se poidan consolidar situacións “fácticas” que serán difíciles de reverter posteriormente. Reclama xulgados especializados que apenas hai. Os xuíces de primeira estancia non teñen a capacitación necesaria. Aínda sen lexislación específica, as sentenzas e o cambio social, dende 2007 a 2017, veñen producindo un aumento notorio da CC: imponse o sentido común.
    Emma Blanco García,
    psicóloga
    : Dende un punto de vista psicolóxico, falta formación nos xulgados e nas familias. As consecuencias para os menores van a depender da actitude dos pais.  Pautas a seguir que deben darse como premisas: respecto e colaboración, que favorecerán a CC; existindo factores que poderían impedila: diferenzas extremas que xeren estrés nos propios pais e nos fillos. Un alto nivel de conflito antes da separación implicará que tamén o habería no futuro. Os cambios que observe o menor deben minimizarse nos cambios de custodio/a.
    Miguel Filgueira Bouza,
    xuíz
    de violencia contra a muller en A Coruña: A ILP abre un debate que era necesario. A experiencia como xuíz dille que certas prácticas xudiciais que se veñen consolidando son “intolerables” e condean por exemplo a un dos proxenitores ao ostracismo nunha habitación de pensión que non reunirá as condicións necesarias para acoller ao neno, “imposiblitando a CC”. A lei debe ofrecer alternativas en paridade e xa no pleito decidirse pola opción apropiada. Necesítanse recursos e tempo, con xulgados de familia correctamente dotados. Unha pronta resolución de un xulgado de familia podería evitar un 20% de casos que finalmente acaban nun xulgado de violencia.

     

    Pregunta
    :
    ¿É necesario lexislar sobre a CC e que esta fórmula sexa a predeterminada?

     

    Intervencións dos membros da mesa:
    Fiscal: O dereito debería alumear á sociedade. Si, lexislar sen atar as mans do xuíz. Constata unha evolución social e quixera que a lei proporcionase amparo ao labor do fiscal.
    Presidente AGPNS: A existencia da lei propiciará a asunción de roles de pais e nais. Debe requirirse unha xustificación en cada caso de separación do por que a CC non sexa a fórmula que se utilizará. Debe regularse a esixencia da corresponsabilidade logo da separación. En Suecia, país pioneiro en Europa, analizan por que a CC non acada maiores porcentaxes e buscan medidas para que os pais collan mais permisos de coidado dos menores. En ningún sitio está ocasionando problemas o establecemento prioritario da CC. En Cataluña, comunidade pioneira en España, este debate xa está superado; como sucede por exemplo en Canadá, onde xa teñen un itinerario xudicial específico familiar.
    Deputada: ¿Predeterminada? Non, pero non podemos aceptar que sexa excepcional. No anteproxecto de lei do 2013 do Parlamento nacional xa se incorporaban os temas necesarios para tratar a custodia nas separacións. O dereito vai sempre por detrás da sociedade e nesta cuestión vai especialmente con moito retraso. Habería que redeseñar a planta xudicial para que se poidan crear xulgados comarcais; regular que os equipos psicosociais teñan un tempo de actuación previsto e establecer criterios de prioridade nas súas actuacións.

     

    Pregunta
    :
    ¿A CC é cara?¿Detrás está o home que quere escapar da súas responsabilidades económicas?

     

    Intervencións dos membros da mesa:
    Avogada: Analizando as posibilidades, o concepto de casa niño (onde os que se intercambian o domicilio son os pais) ¿É unha solución ideal,  aparte de que sexa caro?. A CC reparte millor os gastos e non xera discriminación. Xa existen cálculos predeterminados ofrecidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial que tabulan as cantidades previstas. A CC nada ten que ver coa pensión compensatoria entre cónxuxes.
    Fiscal: Si que existen tanto negativas infundadas á CC por unha das partes como solicitudes “espúreas” por parte da outra. 

     

     

    Pregunta
    :
    ¿Faise o que o menor quere? ¿Niso consiste isto de “o mellor interese do menor”? ¿Ou o neno está obrigado a cumprir, incluído o que dicta o xuiz?

     

    Intervencións dos membros da mesa:
    Psicóloga: Desconséllase a CC se un neno non quere, pero hai que averiguar o porqué.
    Fiscal: O menor non decide. Só se lle ten en conta. As manifestacións do menor deben ser xustificables e xustificadas.
    Presidente AGPNS: Cando a  CC adxudícase inicialmente á muller,  posteriormente xa se está considerando que a situación está consolidada e os tribunais serán remisos a modificala. Aos nenos non se lle consente incumprir cos seus deberes (por ex. de asistencia ao colexio) e non se lles debe facer perder a metade das súas relacións sociais.
    Xuíz: O groseiro é pedirlle ao menor que decida. Hai que lle propoñer o necesario para el.

     

    Pregunta
    :
    ¿Como se detecta a evolución das circunstancias?

     

    Intervencións dos membros da mesa:
    Xuíz: Ao analizar a influencia das circunstancias, resalta que as fórmulas de tratamento legal que se realizan coas figuras  “incurso” ou “condeado” non son axeitadas. Na práctica os equipos psicosociais poden propoñerlle solucións a un xuíz que estarían impedidas pola propia lei, incluídos os supostos que prohibe a propia ILP Coparentalidade. As normativas deben facilitar a regulación do proceso xudicial por parte do xuiz e amparar as medidas cautelares que este adopte atendendo as circunstancias do caso..
    Deputada: Pero os xuíces tamén se limitan en ocasións á literalidade dos textos e non avanzan mais aló na pescuda das solucións, polo que en situacións de discrepancia non se prantexan indagar a posibilidade da CC. No actual pacto de estado contra a violencia sobre a muller (buscar referencia) perséguese evitar a casuística dos homes que utilizan aos fillos para danar ás mulleres e iso faille non estar de acordo coa redacción do punto (buscar referencia) da ILP.
    Xuíz: Non se pode establecer a norma utilizando como referencia os casos excepcionais.
    Deputada: Fai unha crítica aos xornalistas porque están causando dano ao divulgar o “modus operandi” dos casos extremos de violencia de xénero e prodúcese conn isto unha xeneralización das pautas de comportamento. Plantexa que posiblemente debérase realizar un  tratamento semellante aos dos casos de suicidio.
    Moderadora: Os xornalistas non teñen en xeral un código ético específico en cuestións de violencia de xénero; as cadeas públicas si que o teñen (buscar referencia ou pedirlla a Karla). Un grupo dentro da Asociación de Executivas está traballando nesta mesma cuestión.
    Xuíz: Unha bofetada non pode supoñer o alonxamento e a imposibilidade do contacto co menor e o que disto se deriva, debe ponderarse.

     

    Debate coa participación do público
    :

     

    Público: Non se pode realizar un tratamento xeneralizado das situacións de violencia de xénero
    Público: As mulleres teñen un problema de expectativas cando se formulan “Pero é que eu son a nai” ou  “¿Pero o meu ex tamén pode pedir a custodia exclusiva?”. Aos nenos si que se lles pode mudar a situación normal de partida porque cambian as circunstancias familiares.
    Psicóloga: As mulleres seguen asumindo maioritariamente as custodias. Debe conservarse a custodia por parte de quen xa se ocupaba dos coidados previamente á separación.
    Avogada: Cambian as circunstancias na separación e polo tanto hai que realizar un novo pacto, que implicará non presevar a situación anterior.
    Presidente AGPNS: O plan de parentalidade é a solución para resolver a nova formulación que se necesitará.
    Xuíz: A necesidade de contar coa figura do plan de parentalidade xustifica o requirimento dunha regulación legal da materia
    Deputada: Os gupos feministas españois “que veñen á salvar á muller” están maioritariamente en contra da CC. Pola contra as feministas francesas reclamaron no seu momento coa CC a implicación dos homes. Unha modificación de medidas sempre se pode propoñer e así revertir “a custodia de un home que incumpra”.
    Público:  Segolene Royale en Francia foi a promotora da CC. Hai homes que rexeitan a CC para evitar a carga que lle pode supoñer e que non consideran un beneficio.
    Público: A CC debería ser normal e predeterminada.
    Público: Reivindica o feminismo, que grazas a él estamos aquí. Observa que se produce un retroceso e se introducen na sociedade teorías como “a do apego”, entre outras.
    Presidente AGPNS: A ciencia respalda a capacitación tanto do home e a mulller para o coidado dos fillos.
    Público: Os avogados suscitan as discrepancias entre as partes.
    Deputada:  Fai un relato da súa experiencia persoal como nai e profesional, nunhas circunstancias que non sempre lle permitiron ocuparse en primeira persoa e continuadamente dos seus fillos, o que non foi un problema porque contou coa colaboración do pai. Non aprecia que a CC sexa un  retroceso, senón que é un resultado de que os pais se involucren cada vez mais.
    Público: Ao seu bufete nunha acudiu un pai queixándose de que se lle estivera furtando o exercicio da Patria Potestade. Cando os clientes non se comunican entre eles, ¿Como se aplica a CC?. Os avogados realizan unha tarefa de conciliación.
    Público: ¿Denuncias falsas? ¿Por qué non se revisan as disposicións xudiciais a tempo?
    Xuíz: As existencia de denuncias non debe producir inhabilitación automática das partes para o exercicio da CC. 
    Fiscal: Os conflictos serios teñen que ver coa Patria Potestade. A CC serve para resolver problemas xudiciais. Na súa práctica tamén valoran a CC cando existe discrepancia entre as partes.
    Presidente AGPNS: Relatou o caso de un recente xuizo nas zona de Vigo, onde un fiscal obxectou a CC ao pai “¿Cómo vai te-la custodia compartida se lle tería que lavar as partes íntimas á menor?”
    Público: A lei favorece á muller. Non se pode inhabilitar a pretensión de CC polo feito de que o procedemento entre en vía penal ou de violencia.
    Xuíz: ¿Por qué hai avogados que sempre están cos procedementos conflictivos?
    Abogada: Tal cliente, tal avogado.
    Fiscal:  Reflexiona sobre a persoas que necesitan tutela xudicial e para as que nunca se solicita a súa custodia.
    Público: ¿Podería alguén pedir a CC co propósito de molestar?
    Público: Unha trompada recibida nun home por parte da muller, ¿Deberia conducir a que o home exercese a custodia exclusiva?. O avogado debe ter un código deontolóxico que non prexudique ao menor. Observa que non se pode compartir actualmente a baixa de maternidade.
    Público: Podemos establecer un réxime progresivo porque ir en contra dos menores sería prexudicial. Algúns problemas xurden logo das sentenzas. Coa CC non será necesario que unha parte teña que lle dicir á outra “o neno leva  os deberes”, porque os dous contarán con toda a información sobre o neno.
    Presidente AGPNS: O colexio de avogados de A Coruña foi inicialmente reticente ao proceso de  implantación da mediación intraxudicial. 
    Público: O Colexio de avogados de A Coruña si que propicia a mediación. Os avogados teñen un dereito “extendido” de expresión no seu exercicio profesional.
    Avogada: O cliente busca ao avogado que lle di o que quere escoitar. O xulgado deve expliciar nas súas resolucións o como do exercicio da Patria Potestade, cousa que por ex. xa fai o xulgado de familia de Santiago, explicacións que ocupan varios folios nas sentenzas.
    Fiscal: O control da dobre sinatura para os cambios de colexio, non sempre se respecta e observa na práctica.
    Xuíz: Unha denuncia instrumental de violencia para trasladar a continuación ao menor de colexio, pode darse porque neste caso a nai so necesitará a súa sinatura. Cita o caso de un colexio que lle formulou 30 preguntas sobre como proceder en función do réxime de custodia.
    Deputada: Non se está sendo xustos coa avogacía. O debate permite concluir que hai medidas complentarias e protocolos que hai que incluir na ILP e no restante ordenamento legal.
    A modo de conclusións do debate, a Moderadora sintetizou a súa reflexión: A Custodia Compartida non debe ser lexislada á lixeira aínda que favorece a corresponsabilidade e o desenvolvemento dos menores. Existe un consenso xeneralizado de  que se se necesita unha ampliación dos recursos dispoñíbles.

     

    Convocatoria

    A Asociación Executivas de Galicia organiza en Santiago unha mesa redonda co título “La Custodia Compartida”, convidando á AGPNS na persoa do seu presidente Lois Toirán. 

    A asistencia é libre pero require inscrición no buzón secretaria@executivasdegalicia.org 

  • Doña Paula Prado del Rio, Presidenta da Comisión de Igualdade. Parlamento de Galicia.
  • Doña Mar Vivero Vizoso, Abogada especialista en familia.
  • Don Lois Toirán Vázquez, Presidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados.
  • Doña Emma González Rodríguez, Fiscal de la sección civil del área de Vigo para familia y protección de menores.
  • Don Miguel Fllgueira Bouza, Xuiz de violencia contra a muller. A Coruña
  • Doña Emma Blanco García, Psicóloga.
  • Lugar: Salón de actos do edificio Cersia Empresa, rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro) 

    15703 Santiago de Compostela (A Coruña), http://www.cersiaempresa.org

    Data e horario: 1 Decembro, 17:00 PM
    Entrada libre previa inscrición en: secretaria@executivasdegalicia.org

     

     

    Mesa redonda La Custodia Compartida

     

    Etiquetas: debate-custodia-compartida

    2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos