Inicio > Historial > Acto con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno e da Nena: Os dereitos da infancia en Galicia, a coparentalidade como ferramenta (18/11/2017)

Acto con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno e da Nena: Os dereitos da infancia en Galicia, a coparentalidade como ferramenta (18/11/2017)

9/04/2018

Sinopse do acto

O acto contou con uns 25 asistentes e desenvolveuse segundo anunciaba a convocatoria excepto pola ausencia de representantes de En Marea e do BNG, que excusaron a súa participación.

Abriu o acto Abel Lamas (Vicepresidente da AGPNS) que agradeceu a todos os asistentes, especialmente aos poñentes da mesa, a súa asistencia en detrimento do seu tempo libre e familiar, dándolles a benvida a un lugar moi especial para a AGPNS como é o Centro Sociocultural de Vite: 

Neste edificio de servizos públicos do Concello de Santiago, dende hai 20 anos a Asociación ven desenvolvendo unha parte principal da súa actividade e nel tivo o xérmolo o programa "Ruptura de parella, non de familia" un dos mais destacados no panorama nacional e internacional na prevención de consecuencias negativas e respecto dos dereitos dos nenos e nenas afectados por procesos de separación dos seus proxenitores.

Durante o acto actuou como moderador Carlos Gayoso (vogal da AGPNS) que foi dando paso ás intervencións dos poñentes que interviron na seguinte orde, con dous tempos de coloquio: Dolores Seijo e Andrés Hernández nunha primeira parte, Patricia Vilán e Paula Prado nunha segunda.

Recollemos a continuación os pareceres manifestados por cada poñente, reunindo as ideas manifestadas na intervención inicial xunto coas expostas nos turnos de respostas aos comentarios do público durante o coloquio.

 

 

Mesa con Dolores Seijo e Andrés Hernández

Acto da Xornada do Dia dos Dereitos do Neno e da Nena

 

 

XornadaDiaDereitosNen_3.jpeg

Dolores Seijo (Profra. Titular de Psicoloxía da USC)

Dende o ano 1999 os grupos de investigación PS1 da Universidade de Vigo e GI-1754 da Universidade de Santiago de Compostela estudan as repercusións da ruptura da convivencia e identifican as necesidades de apoio que teñen as familias. Salientou a investigación iniciada no 2010 en Galicia coa colaboración de pediatras para contrastar os datos dos estudos publicados nas sociedades anglosaxonas sobre a repercusión das rupturas de parella nos menores, que foron publicados desagregados nos eidos físico (2016 Impacto de la ruptura de los progenitores en el estado de salud física de los hijos), psicoemocional (2017 Estimando la Epidemiología y Cuantificando los Daños de la Separación Parental en Niños y Adolescentes) e académico (2017 ¿Qué y cuánto pierden los niños en los entornos académicos debido a la separación de los padres?) que pediu á AGPNS contribuise á súa difusión. A conclusión que trasladou é que un alto nivel de conflicto no proceso de separación da parella conleva repercusións dramáticas no estado de saude dos menores.

Salientou a existencia das directrices europeas sobre Parentalidade Positiva (2006) e a Resolución 2079/2015 sobre Corresponsabilidade. Reclamou a existencia dunha lei que estableza como preferente a corresponsabilidade e que favoreza a normalización da situación galega (2017 Custodia compartida, corresponsabilidad parental y justicia terapéutica como nuevo paradigma).

Indicou que se debe diferenciar entre custodia física e o reparto de responsabilidade, sendo esta última a cuestión relevante. Estimou que se pode falar da existencia de un reparto equilibrado de responsabilidades (unha custodia compartida) cando exista un mínimo de un 30% de tempo de custodia física dos menores  con cada proxenitor.

Falounos do grupo de traballo impulsado dende Galicia para a elaboración do "Libro blanco para la gestión positiva de la ruptura de pareja con hijos" (noticia en prensa), coordinado por Francisca Fariña Catedrática de Psicoloxia Xuridica e do Menor da Universidade de Vigo e por Pascual Ortuño Maxistrado de la Audiencia Provincial de Barcelona, que permitirá realizar unha analise da situación dende todas as vertentes (xudicial, psicolóxica, educativa, sanitaria, etc) e a elaboración dos protocolos de diagnose e intervención apropiados para cada ámbito.

Procuran non utilizar o termo "custodia" ou "custodia compartida" nas recomendacións dos informes forenses porque son concepto xurídicos, alleos ás necesidades familiares: A custodia é unha responsabilidade dos proxenitores e un dereito dos nenos.

Denuncia a non existencia de especialización no ámbito legal en materia de Familia, sendo  imprescindible a mesma para levar a cabo respostas legais axustadas as necesidades de cada familia, e en particular dos fillos e das fillas. Tamén, concidiu con Andrés Hernández na necesidade da formación axeitada dos restantes profesionais e recordou que este aspecto foi recollido nos informes do Valedor do Pobo. 

Puxo como exemplo a experiencia internacional no Canada, pais modelo a seguir, onde existe cunha "xurisdición de familia" que  dispón de  procedementos e servizos específicos, como pode ser a esixencia de que os proxenitores  asistan a programas para o divorcio de parella con fillos, ou a coordinación de parentalidade ou a mediación.  Así, neste país a predisposición legal e social é inequívoca para que as parellas acaden unha custodia corresponsabilizada e compartida.

Pediu un cambio de mentalidade na sociedade e nos diversos actores que interveñen no tratamento das rupturas de parellas e reclamou apoio e axuda institucional, cunha involucración da clase política que non se acompañe de posturas ideolóxicas e que derive na promulgación de leis de coparentalidade ao abeiro das directrices europeas. 

Andrés Hernández (Traballador social)

Agradeceu o enfoque que se facía da custodia compartida como un elemento de defensa dos menores.

Relatou como a súa experiencia en protección de menores que necesitan un acollemento por familias distintas das biolóxicas ou en centros da administración, permítelle comprobar os paralelismos existentes coas problemáticas que se presentan nos procesos de conflictivos de ruptura de parella.

Reclamou como un dereito fundamental dos nenos e nenas o acceso ao cariño e relación coas persoas importantes para eles, debendo superarse en ocasións grandes dificultades para elo.

Invitou a que se teña presente que a problemática dos malos tratos non responde a un contínuo e resulta necesario proveerse de ferramentas para xestionar os factores de risco.

Estableceu unha correlación entre a desatención que poidan sufrir os menores e os problemas derivados da custodia, polo que deben existir os recursos asistenciais necesarios para dotar ás familias das habilidades de xestión de conflictos e impedir as dinámicas de confrontacións e sesgos manipuladores dos menores:

Os recursos intitucionais son escasos e funcionan razonablemente mal.

Alertou da existencia de expectativas guiadas por roles de sexo que afectan tamén aos propios profesionais que realizan as intervencións, o que incluso conduce á victimización das mulleres. A custodia compartida axuda a que os proxenitores se responsabilicen de maneira efectiva dos seus fillos e fillas.

Os nenos e as nenas necesitan espazos de liberdade exentos de manipulación.

Fixo unha crítica da situación e escasez dos servizos institucionais existentes, que ademais non estipulan unha formación específica dos profesionais que os integran. Responsabiliza ás administracións e os parlamentos de non investir os recursos necesarios.

Concluíu animando á Asociación na súa actividade e sinalando a necesidade de non perde-la paciencia.

Patricia Vilán (PSdeG-PSOE)

Presentou a súa partipación como voceira do PSdeG-PSOE na Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galica e abogada especialista en dereito de familia.

Traladounos que este debate estaba sendo diferente a outros debates nos que participara no eido feminista.

Recoñeceu que os parlamentos avanzan mais lentos que o poder xudicial e que a sociedade, que o Tribunal Supremo abriu a porta a considerar non excepcional a custodia compartida que regulara a lei modificada no ano 2005, polo que agora era necesario un cambio legal e de revisión terminolóxico. Efectivamente, sen non hai acordo entre as partes, a resolución xudicial tomará o caracter de imposta. Contempla a necesidade de que se substituan termos como patria potestade ou garda e custodia no texto da lei para realizar unha actualización da terminoloxía empregada, e que deba renovarse o argumento tan recorrente de "polo interés superior do menor". Valora unha ruptura como algo que sempre será "terrible".

Considera que a cuestión previa competencial ten que centrar inicialmente o debate e que será moi importante o informe que emitan tanto os letrados da cámara como a Comisión asesora para a revisión do dereito civil galego. Tamén que a redacción da ILP necesita unha millora técnica e que en particular a redacción do punto 5 do artigo 9 é pior que o da actual Lei de violencia sobre a muller de 2005. Alerta da necesidade de envitar a traumatización á que se expoñen sempre os menores nos xulgados.

Constata que este debate en Cataluña ten sido superado e a situación normalizada nos 7 anos transcurridos dende a aprobación da súa lei. Incide nun informe con unha ampla mostra estatística realizado pola OMS no que se verifica que os mais felices son os fillos das parellas que non se separan, e mais felices os que conservan a relación coas dúas partes logo da separación.

Concorda con que os apoios institucionais son escasísimos, en partidas económicas, equipos psicosociais e recursos en xeral.

Están interesados en que o debate traspase as portas do Parlamento e considera unha acción valente por parte da AGPNS que iniciase este debate. Louvou o esforzo de trasladar as 15000 sinaturas de apoio ao Parlamento (o que ponderou poñéndoo en correlación cos aproximadamente 11000 militantes do PSdeG-PSOE en Galicia).

Aínda non elaboraron a postura oficial do partido en Galicia, que será propia dado o caracter federal do partido. Convidarán ademais de expertos aos colectivos feministas á Comisión do Parlamento. Cree que os perfiles de Dolores Seijo e Andrés Hernández serían acaidos para integrar a relación de comparecentes na comisión do Parlamento que revisará a redacción da lei.

Paula Prado (Partido Popular)

Presentou a súa partipación como voceira do Partido Popular na Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galica, presidenta da Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres e abogada especialista en dereito de familia.

Considerou moi meritorio o esforzo da recollida das 15000 sinaturas e felicitou á Comisión Promotora por ser a voz de moitas persoas en Galicia.

Encontra que as posturas persoais que se manteñen en relación á inciativa da ILP teñen moito que ver coa experiencia persoal de cada quen e non tanto coa ideoloxía. Opina que "o interés superior do menor" é unha fórmula e idea guía primordial. Cree que a falta actual de regulación normativa provoca decisións deficitarias.

Opina que a oposición á Custodia Compartida entre colectivos ou grupos que a valoran como prexudicial deriva de crear un lote no que entran simultaneamente pensión ou piso.

Para a resolución do conflicto nun proceso de ruptura encontra necesario que o xuíz dispoña coa maior celeridade posible da información da situación familiar de partida, para axilizar a formulación do traxe a medida que se necesita no eido familiar. A falta de acordo entre as partes non debe ser considerada un impedimento para o establecemento dunha custodia compartida. Deberá valorarse a existencia e o grao do exercicio da corresponsabilidade entre os membros da parella antes e despois da ruptura. Será necesario procurar o efectivo cumprimento das medidas que resolvan os xuices, tanto na redacción da propia lei como con medidas de apoio.

Non lle gusta a redacción do punto 5 do artigo 9 relativo ás situacións de violencia ou maltrato, sinalando que deberá terse presente o pacto de estado recentemente acordado entre as forzas políticas no Parlamento do Estado.

Apoiarán o incremento do recurso á mediación familiar, rebatendo que se poida argüir que un proceso de mediación presione á muller para que acceda á custodia compartida.

Trasladounos os contactos mantidos co Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia para valorar a situación das medidas de reforzo que se adoptaron nos equipos do IMELGA e como se podería garantir no texto da lei que os informes psicosociais estiveran a disposición do xulgado nun prazo acotado.

En relación á cuestión competencial de Galicia sobre a materia da ILP, considera que a resolución do Tribunal Constitucional sobre o recurso plantexado á Lei galega de Adopción e Acollemento fixará o camiño a seguir.

 

Convocatoria

O vindeiro 20 de novembro vaise celebrar un ano máis o Día Internacional dos Dereitos do Neno e da Nena. Para celebrar esta data e ante a tramitación no Parlamento Galego da ILP de Corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia, o día 18 sábado pola mañá, en Santiago de Compostela celebrarase un acto organizado pola Comisión Promotora da lei contando coa participación de diferentes entidades. Entre elas agardamos contar cos representantes dos grupos políticos representados no parlamento.

Os dereitos da infancia en Galicia, a coparentalidade como ferramenta.

11 horas. Exposicións

María Dolores Seijo Martínez Prof. Titular de Psicoloxía da USC, presidenta da Sección de xuridica do Colexio de Psicoloxia de Galicia

2º Andrés Hernández Mouriño, traballador social, graduado pola USC. Actualmente nos Servizos sociais comunitarios do Concello de Mugardos.

3º Representante da Asociación Galega de Pais e Nais Separados.

11:30 horas. Coloquio.

 

12 horas. Intervención dos grupos políticos: PP, EN MAREA, PSdeG-PSOE, BNG.

12:30 horas. Coloquio.

 

Lugar: Centro Socio Cultural de Vite, Santiago de Compostela.

Pódese descargar o programa en formato PDF no enlace Programa

Etiquetas: debate-custodia-compartida

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos