A Xunta Electoral de Galicia, en sesión do 29 de xuño de 2017, logo de comprobados e verificados os datos relativos ás sinaturas presentadas e a certificación censal correspondente, por unanimidade, acordou acreditar como válidas 14.468 sinaturas e, polo tanto, verificar que se supera o número mínimo de sinaturas esixido no artigo 2 da Lei 7/2015 do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia. Así mesmo declarou nulas (por disitintos motivos) 727 sinaturas das 15.195 presentadas.
Remitiu o acordo de acreditación do número de sinaturas declaradas válidas á Mesa do Parlamento de Galicia e á Comisión Promotora.
A comunicación oficial remitida aos representantes da Comisión Promotora atópase no seguinte documento: Xunta_Electoral_comunicacin_da_certificacin_de_sinaturas_vlidas_RS_70-2017._29.06.17.pdf.
Etiquetas: xunta-electoral-de-galicia recollida-sinaturas expediente-ilpcoparentalidade