A TVG, a Radio Galega e os xornais El Faro de Vigo e La Voz de Galicia informan da preparación do debate sobre a ILP Coparentalidade que o martes 17 de outubro terá lugar no Parlamento de Galicia (15/10/2017) ás 10:00h como primeiro punto da orde do día: "Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativalexislativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia".
A Televisión de Galicia TVG informou no seu noticieiro Telexornal Mediodía FDS deste sábado 14/05/2017 dos traballos de preparación do debate de toma en consideración que a Comisión Promotora e a Asociación Galega de Pais e Nais Separados estivemos realizando. Este sábado, nos locais do Centro Sociocultural de Vite do Concello de Santiago de Compostela, a TVG visitounos para dar constancia de cómo se estaba preparando a exposición en defensa da ILP e , xunto coa Radio Galega, entrevistáronnos.
Na Televisión de Galicia presentouse a ILP Coparentalidade como unha defensa da igualdade (ver a publicación e video orixinal en http://www.crtvg.es/informativos/a-asociacion-galega-de-pais-e-nais-separados-presenta-no-parlamento-unha-inicativa-pola-igualdade :
A Asociación Galega de Pais e Nais separados reuniuse hoxe para preparar a exposición da Iniciativa Lexislativa Popular que o próximo martes se debaterá no Parlamento. Con ela búscase que se regulen as relacións familiares nos casos de ruptura da convivencia para que os dous pais participen de modo igualitario na crianza dos fillos.
Despois de varios anos reclamando a igualdade nas relacións familiares despois dunha separación, a Asociación Galega de Pais e Nais separados saberán esta semana se se acepta a iniciativa que eles presentan para regular en común o coidado dos fillos cando os pais xa non viven xuntos.
É unha lexislación que xa foi desenvolta noutras comunidades a prol da igualdade de nais e pais e que en Galicia queda ata o de agora nas mans dos xulgados de familia e con resolucións moi desiguais. "Aquí en Galicia vemos que o Tribunal Supremo está favorecendo e está evolucionando, nunha porcentaxe do 15% en determinados xulgados de familia. Pero naqueles sitios que non os hai, como pode ser Ferrol ou Lugo, son porcentaxes ridículas." Di Lois Manuel Toirán, presidente da Asociación.
Nestas cidades só o 9 ou o 10% dos casos se resolven de xeito igualitario despois dunha separación."Xa estamos no século XXI. Os roles de familia xa están avanzados e os nenos e as nenas merecen que os traten con igualdade na súa educación e na súa formación." Insiste Toirán.É o que se agarda dunha sociedade na que o modelo de familia muda e a porcentaxe de parellas que rompen a súa relación avanza cada día.
Nun artigo sobre o debate de defensa e toma en consideración da ILP, o xornal Faro de Vigo realiza unha análise de sitoación e postura dos grupos políticos e publica unha entrevista que nos realizaron a véspera da reunión de Vite. (Esta mesma noticia apareceu no diario La Opinión de A Coruña: http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/10/15/presion-social-fuerza-xunta-decidir/1226258.html)
(Faro de Vigo, 15/10/2017)
La presión social fuerza a la Xunta a decidir si Galicia es la 5ª comunidad con custodia compartida: Casi 15.000 gallegos piden una ley para que el reparto igualitario del cuidado de los hijos sea opción "preferente" en caso de divorcio - El PP baraja votar sí el martes, pero admite "división de opiniones"- También hay discrepancias en En Marea
Ver texto íntegro da noticia: http://www.farodevigo.es/galicia/2017/10/15/presion-social-fuerza-xunta-decidir/1767460.html
Dentro da súa serie de artigos sobre a Custodia Compartida, La Voz de Galicia informa de que o Parlamento galego discutirá o martes a iniciativa lexislativa popular (ILP) sobre a custodia compartida e comenta as posicións políticas de Esquerda Unida.
(La Voz de Galicia, 15/10/2017)
El Parlamento gallego discutirá el martes una iniciativa legislativa popular (ILP) sobre la custodia compartida, cuestión sobre la que las distintas formaciones políticas ya están tomando posiciones de cara al debate en el pleno, en el que también se discutirá el proyecto de la Lei de Portos de Galicia.
Ver texto íntegro da noticia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/10/15/parlamento-debate-martes-custodia-compartida-esquerda-unida-rechaza-intenta-generalizar/0003_201710G15P18996.htm