Inicio > Historial > A TVG presenta no programa Contraportada 'A custodia compartida como dereito', unha iniciativa da AGPNS pola Corresponsabilidade Parental (17-06-2017)

A TVG presenta no programa Contraportada 'A custodia compartida como dereito', unha iniciativa da AGPNS pola Corresponsabilidade Parental (17-06-2017)

30/10/2017

A Televisión de Galicia TVG fixo unha ampla presentación, no seu programa temático Contraportada do sábado 17/06/2017,  da Iniciativa Lexislativa Popular de Corresponsabilidade Parental para a que a AGPNS está realizando a recollida de sinaturas. Baixo o título "A custodia compartida como dereito", recolleu entrevistas realizadas a representantes da AGPNS ao longo de diferentes intres da campaña de sinaturas e incorporou as manifestacións de distintos profesionais (abogados, psicólogos e pedagogos) para documentar a noticia.

A noticia na TVG

Na Televisión de Galicia infórmase da ILP Coparentalidade (ver a publicación e video orixinal en http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-custodia-compartida-como-dereito):

Contraportada

A Custodia Compartida como dereito

Publicado o 17/06/2017 15:15h
www.crtvg.es
A Asociación Galega de Pais e Nais Separados presentou esta semana ante a Xunta Electoral de Galciai 15.000 sinaturas para promover unha Lei Galega de Corresponsabilidade Parental. É o primeiro paso para que a Iniciativa Lexislativa Popular na que levan meses traballando chegue ao Parlamento e que a Custodia Compartida se inclúa no Dereito Civil Galego.
Xa se fixo así en catro comunidades ...

A custodia compartida como dereito

Etiquetas: repercusion-mediatica

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos