Inicio > Historial > Presentamos no Parlamento de Galicia o texto da ILP (20/10/2016)

Presentamos no Parlamento de Galicia o texto da ILP (20/10/2016)

27/12/2016

A Comisión Promotora presentou diante do Parlamento de Galicia o texto da ILP Lei de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia.

PromotoresILP.jpg

A noticia na TVG

A Televisión de Galicia tamén recolleu ese momento (ver a publicación e video orixinal en http://www.crtvg.es/informativos/pais-separados-comezan-os-tramites-para-conseguir-unha-lei-autonomica-de-custodia-compartida-2426863 :

Pais separados comezan os trámites para conseguir unha lei autonómica de custodia compartida

Publicado o 20/10/2016 21:27
informativo_TVG_34240_21102016_223029.png

A Asociación Galega de Pais e Nais Separados comezou os trámites para que Galicia teña unha lei autonómica específica de custodia compartida. Esta tarde presentaron no rexistro do Parlamento a proposta de iniciativa lexislativa popular. A iniciativa conta co apoio da maioría dos partidos políticos cos que xa falaron. A asociación comezará a recollida de sinaturas cando os servizos xurídicos da cámara se pronuncien sobre se é competente ou non para lexislar sobre este asunto.

Etiquetas: ilpcoparentalidade parlamento

Comentarios

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos