Inicio > Historial > O Parlamento de Galicia admitiu a trámite a ILP e solicita os informes preceptivos á Xunta de Galicia (4/07/2017)

O Parlamento de Galicia admitiu a trámite a ILP e solicita os informes preceptivos á Xunta de Galicia (4/07/2017)

30/10/2017

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 4 de xullo de 2017, adoptou os seguintes acordos:

Admisión a trámite da Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia

- 339 (10/PPLI-000001)
Comisión Promotora
Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia
BOPG nº 4, do 31.10.2016

A Mesa acorda:

1º. Admitir a trámite a devandita proposición de lei e dispoñer o seu traslado á Xunta de Galicia para que manifeste o seu criterio e a súa conformidade respecto da súa tramitación nos termos previstos no artigo 123.2 e 124 do Regulamento.

2º. Solicitar da Xunta de Galicia que emita o informe previsto no artigo 7 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, de igualdade de mulleres e homes.

 

Aquí podes descargar o texto completo do acordo: Publicación da Proposición de lei BOPG B100140_1.2.PDF_pax11_NR10003371.PDF

Toda a información relativa ao expediente parlamentario da ILP Coparentalidade está dispoñible na Web do Parlamento: http://www.parlamentodegalicia.com/sitios/web/ContenidoGal/Procuras/DetallesExpediente.aspx?idExp=10/PPLI-000001  Web do Parlamento de Galicia

Etiquetas: parlamento admision-tramite expediente-ilpcoparentalidade

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos